RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mujaid renova o seu compromiso co Dépor por 4 temporadas

Mujaid Sadick Aliu (Logroño, 14 de marzo de 2000) renovou o seu contrato co RC Deportivo por 4 temporadas, até a conclusión do curso 2021-2022.

Aínda en idade xuvenil, Mujaid adestra esta pretemporada co primeiro equipo, co que xa debutou a pasada campaña en LaLiga Santander. O defensa disputou, na posición de lateral dereito, os últimos minutos do encontro da penúltima xornada fronte ao Villarreal no Estadio ABANCA-RIAZOR e como titular no centro da defensa no partido final ante o Valencia en Mestalla.

A pasada temporada tamén xogou 3 partidos co Fabril en Segunda División B, 1 deles como titular.

O mes pasado, Mujaid coroou unha gran campaña colgándose a medalla de ouro nos Xogos Mediterráneos coa selección española sub-18.