Os deportivistas Pedro Munitis e Ian Mackay serán os dous branquiazuis
premiados o vindeiro luns 15 de maio na Gala dos Premios Galicia en Goles
- Trofeo Zico que cada ano organiza a Radio Galega.
Munitis foi nomeado o mellor xogador do Deportivo e Ian Mackay, meta
do Dépor B, perfílase como o "Zamora" da Terceira División. Aínda que non
finalizou a competición, avantaxa en doce dianas ao seu inmediato perseguidor.
A gala comezará o vindeiro luns ás 20:30 no Hotel Congreso de Santiago
de Compostela.