RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Nace en Payosaco unha nova Pena Deportivista

O movemento de peñas deportivistas é continuo en portas da tempada 2009-10. Así, o Café Bar Belo Campo na Avenida de Bergantiñvos nº 40 de Payosaco (Laracha) será a sede social dunha nova Peña Deportivista, b

Este verán ademais viron a luz a Pena Deportivista Ortegal, cuxo local social é o Café Bar "Marcha Verde", situado na rúa Eduardo Pondal nº 11 de Cariño (A Coruña). O seu Presidente é Antonio Pardo Rubido. E a Pena Deportivista Djalminha, situada no Bar Cobas da Avenida de Peruleiro 2 Baixo da Coruña. José Antonio Márquez é o seu Presidente.

Por fin, hoxe xoves ás 21.00 horas terá lugar no Restaurante Mariña da Praia de San Pedro en Veigue (Sada) a presentación oficial da Pena Deportivista Pablo Álvarez. O seu local social está situado no entanto no Café Bar Mallos-28 da Avenida dos Mallos 28 baixo da Coruña. O seu Presidente é Israel Canedo.

Desta forma, Pablo Álvarez únese á actual lista de xogadores e persoal do Deportivo que xa conta coa súa propia Pena Deportivista: Aranzubía, Manuel Pablo, Filipe, Bodipo, Gardado, Valerón, Lotina, Ribeira e os Delegado Barros Botana.