RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Nace unha nova pena deportivista en Cambre

A cafetería 'Casa Becerra', sita na rúa Riveiriña nº 8 de Cambre, é a sede social dunha nova peña deportivista, bautizada como 'De Bribes'. Antonio Pato é o seu presidente; mentres que Manuel García actúa como secre

O nacemento desta nova agrupación branquiazul ten lugar nunha semana con tres inauguracións de penas:

Hoxe luns 22 de agosto: Pena Deportivista MG. Será ás 21.00 na sede da pena, a Cervecería MG-Betanzos (c/ Pepito Arriola 1 Baixo de Betanzos). Asistirán os futbolistas Xisco e Valerón.

Martes 23 de agosto: Pena Deportivista Riki, ás 21.00 horas no local social da agrupación (Cafetaría O Dibru, c/ María Casares 1 Baixo na Coruña).

Mércores 24 de agosto: Pena Deportivista A Unión, ás 21.00 na Cafetaría Sefora (avenida de Arteixo 25 Baixo da Coruña).
O Deportivo encara a recta final do mes de agosto con 21.799 socios, dos que 7.218 son novas altas. De luns a venres, o horario da Oficina de Atención ao Socio e Accionista é de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 19.30 horas.