O Deportivo regresa da súa visita á Romareda cunha derrota e dous goles en contra, obra de Jamelli e Esnaider. Os deportivistas xogaron máis e mellor co marcador adverso pero a expulsión de Djalminha deixando ao equipo en inferioridade numérica complicou
Polo Deportivo partiron de inicio: Molina, Romeu, Manuel Pablo, César, Naybet, Donato, Valerón, Fran, Makaay, Djalminha e Pandiani. O Zaragoza presentou un once formado por: Juanmi, Augado, Pablo, Sundgren, Paco, Acuña, Juanele, Vellisca, Jamelli, Jose Ignacio, Esnaider.
A primeira parte comezou con ambos os equipos moi imprecisos, constantes perdas de balón no medio campo e moito xogo en longo. Con todo a medida que transcorrían os minutos o Zaragoza foi atopando o seu sitio, e o Deportivo foi deixándolle a iniciativa aos locais. Así a tres minutos do descanso Jamelli adiantaba ao Zaragoza tras unha bonita xogada combinada con Esnaider batendo a Molina.
Así quedarían as cousas ata o descanso. Na continuación o Deportivo saíu con máis ganas e máis control do balón pero, no minuto 4 Pérez Lasa sinala a vermella directa a Djalminha tras unha dura entrada a José Ignacio despois de que ambos os xogadores tivesen previamente outro encontrón. A superioridade numérica deu tranquilidade aos locais que gozaron de ocasións de perigo ante Molina. Pero o Deportivo non renunciou ao ataque e sempre ben colocado a pesar de estar en inferioridade puxo en aprietos a Juanmi. Cando mellor xogaba o Deportivo chegaba o mazazo do gol de Esnaider tras unha falta a César.
Desde ese momento o Deportivo buscou con afán a remontada e un Naybet ao ataque marcaría de cabeza tras un pase de Fran. O Zaragoza pechouse atrás e sufriu nos minutos finais ante o acoso deportivista. Con todo non houbo tempo para a remontada. O Deportivo continúa segundo na táboa a oito puntos do Real Madrid e dous por diante da Valencia.