RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O 5 de agosto, data tope para que os socios renoven o seu carné sen pagar no Teresa Herrera

O próximo 5 de agosto é a data tope para que o socio que renove o seu abono non teña que pagar suplemento algún por asistir á 68 edición do Trofeo Teresa Herrera entre o Deportivo e o Real Madrid, o 29 de agosto en Riazor. Ese mesmo d&iacu

Para os socios que queiran renovar o seu carné, os prezos vixentes son os seguintes:

Tribuna Superior: 550 euros. Sub-30: 259 euros
Tribuna Inferior: 503 euros. Sub-30: 247 euros
Tribuna Dianteira: 470 euros. Sub-30: 221 euros
Preferencia Superior: 464 euros. Sub-30: 218 euros
Preferencia Inferior: 231 euros. Sub-30: 113 euros
Preferencia Inferior Lateral: 195 euros
Pavillón Superior: 231 euros. Sub-30: 113 euros
Pavillón Inferior: 163 euros. Sub-30: 80 euros
Maratón Superior: 335 euros. Sub-30: 145 euros
Maratón Inferior: 195 euros
Xubilados, Preferencia Inferior: 159 euros
Parados, Pavillón Inferior: 124 euros
Socio Amigo: 52 euros

Esta promoción é só para renovacións. Tampouco inclúe os coñecidos como Abonos Mensuais.

Os prezos para novas altas son os seguintes:

Tribuna Superior: 578 euros. Sub-30: 272 euros
Tribuna Inferior: 529 euros. Sub-30: 260 euros
Tribuna Dianteira: 494 euros. Sub-30: 232 euros
Preferencia Superior: 488 euros. Sub-30: 229 euros
Preferencia Inferior: ESGOTADO
Preferencia Inferior Lateral: 205 euros
Pavillón Superior: 243 euros. Sub-30: ESGOTADO
Pavillón Inferior: 171 euros. Sub-30: ESGOTADO
Maratón Superior: 353 euros. Sub-30: 153 euros
Maratón Inferior: 205 euros
Xubilados, Preferencia Inferior: 167 euros
Parados, Pavillón Inferior: 130 euros
Socio Amigo: 54 euros

Estes prezos non inclúen os conocios como Abonos Mensuais.

Considérase  Sub-30 se se cumpren os 31 anos DESPOIS do 30 de xuño, se se cumpren antes do 1 de Xullo non será Sub-30.

Consciente das dificultades económicas polas que atravesan moitos afeccionados, e seguindo a política aplicada tamén aos carnés anuais, o Consello de Administración do Real Club Deportivo rebaixou os prezos dos abonos mensuais a partir do 1 de xullo, que é cando arrincou oficialmente a tempada 2013-14. A rebaixa está ao redor dun 10%.

Os prezos que se aplicarán aos abonos mensuais son os seguintes:

Tribuna Superior: 52,20 euros. Sub-30: 24,30 euros
Tribuna Inferior: 47,70 euros. Sub-30: 22,50 euros
Tribuna Dianteira: 44,10 euros. Sub-30: 19,80 euros
Preferencia Superior: 44,10 euros. Sub-30: 19,80 euros
Preferencia Inferior: 21,60. Sub-30: 16,20
Preferencia Inferior Lateral: 18 euros
Pavillón Superior: 21,60 euros. Sub-30: 16,20
Pavillón Inferior: 18 euros
Maratón Superior: 32,40 euros. Sub-30: 18 euros
Maratón Inferior: 18 euros

Faiche co abono da 2013-14 sen esperar cola, por medio dunha transferencia bancaria

Os socios do Deportivo teñen a opción de reservar o seu carné para a tempada 2013-14 a enviando unha transferencia bancaria.

Para iso deberán ingresar o prezo correspondente do seu abono no número de conta 2100-8618-69-0200065078 da Caixa e sinalar no concepto o NIF, nome e apelidos do abonado a renovar.

A continuación, os socios que realicen o pago desta forma deben enviar o resgardo desa transferencia ou ingreso ao correo electrónico abonos1314@canaldeportivo.com

Unha vez tramitada a súa renovación, comunicaráselle contestando este correo electrónico e o socio poderá retirar o seu carné calquera día na Oficina de Atención ao Socio ou nos despachos de billetes se é día de partido.

Este modo é só para renovacións e sen cambio de asento. Non é válido para novas altas nin cambio de localidades.

Non é válido para os conocios como Abonos Mensuais.