O alemán Stark, colexiado do Deportivo - Liverpool
O árbitro alemán Wolfgang Stark será o encargado de dirixir o partido da cuarta xornada da fase de grupos de Liga de Campións que Deportivo e Liverpool disputan o mércores en Riazor.
Estará auxiliado nas bandas polos seus compatriotas Volker Wezel e Peter Gagelmann. O cuarto árbitro é Harry Ehing. Cabe lembrar que Andrade e Pandiani están apercibidos de sanción polo que se visen unha amarela durante o partido perderíanse o próximo encontro.