RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ALEVÍN A

O Alevín A amarra os 3 puntos nun complicado partido ante o CD Calasanz da Fase polo Título da Primera A Coruña

O Alevín A amarrou os 3 puntos nun complicado partido (3-5) ante o CD Calasanz, correspondente á 2ª xornada na Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8.

Nacho Villanueva -2-, Rui Caamaño, Sergio Fernández e David Gómez foron os goleadores branquiazuis.

Con este resultado, o Alevín A suma 6 puntos de 6 posibles.

Alevín A: Iago Miranda, Brais Martínez, Jorge Fernández, Yoel Puñal, Rui Caamaño, Álvaro Gómez, Hugo Luaces e Nacho Villanueva. Tamén xogaron: Sergio Fernández, Martín López e David Gómez.

Pasada a Semana Santa, na primeira fin de semana de abril, o Alevín A mídese ao Fabril FC Alevín.

Os resultados do Alevín A nesta competición son os seguintes:

Alevín A 15 (Nacho Villanueva -5-, David Gómez -4-, Rui Caamaño -3-, Álvaro Gómez -2- e Hugo Macedo) - ED Luis Calvo Sanz 2
CD Calasanz 3 - Alevín A 5 (Nacho Villanueva -2-, Rui Caamaño, Sergio Fernández e David Gómez)