RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Alevín A gañou o Torneo de Nadal de Vigo mentres que o Fabril FC Benxamín pecha 2023 para ANOSACANTEIRA mañá sábado en Ribadumia

Un equipo de #ANOSACANTEIRA tivo cita hoxe venres 29 de decembro. O Alevín A (na foto principal da noticia) participou con brillantez en VI edición do Torneo de Nadal Concello de Vigo. 

Os equipos portugueses do FC Porto e AD Lousada, ademais do cadro vigués da SD Cristo de la Victoria foron os rivais dos branquiazuis na primeira parte da competición.

Superada esta primeira fase, o equipo de Alberto Suárez dobregou en semifinais (3-0) ao Sporting CP de Portugal. Na final agardaba o RC Celta, como hai dous días na Coruña na final do Torneo do Ural Español CF. Esta vez o vencedor foi o conxunto deportivista, máis acertado na quenda de penaltis. Ao final do choque chegouse con empate (2-2).

Pecha o ano 2023 para #ANOSACANTEIRA o Fabril FC Benxamín que, dividido en dous equipos, compite mañá sábado 30 no X Torneo Indoor Arousa Fútbol 7, no complexo da Senra (Ribadumia).

Tamén concluíu os seus adestramentos hoxe venres o Fabril, que terá descanso até o martes 2 ás 16:30, co primeiro partido de liga do ano 2024 no horizonte, o domingo 7 de xaneiro ás 18:00 en Abegondo ante o Real Oviedo Vetusta (Youtube RC Deportivo e TVG-2).

Non se detén o seu técnico, Óscar Gilsanz, quen dirixe un adestramento solidario mañá sábado 30 de decembro no campo de fútbol do Carregal de Betanzos, de 10:30 a 13:30.

Con prazas limitadas, poden participar nenos e nenas entre 6 e 14 anos. Para inscribirse a única condición é achegar un xoguete que será entregado á Cruz Vermella de Betanzos.

Os interesados poden anotarse nestes números de teléfono: 696-983841 e 629-281234; ademais dos correos electrónicos oscargilsanz@hotmail.com e betanzoscf@gmail.com.

O pasado mércores, o Alevín A e o Fabril FC Alevín xogaron no campo coruñés da Grela a XVI edición do Torneo de Nadal que organizou o Ural Español CF.

Despois dunha brillante primeira fase, ambos os equipos víronse as caras en semifinais. Impuxéronse (5-0) loxicamente os branquiazuis, futbolistas un ano maior que os fabrilistas co que iso supón a estas idades.

O Alevín A foi subcampión do torneo ao caer pola mínima (0-1) nunha rifada final ante o RC Celta.

Pola súa banda, o Fabril FC Alevín colgouse a medalla de bronce ao gañar (2-1) no partido polo terceiro e cuarto posto ao Bertamiráns FC.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría alevín
XVI Torneo de Nadal do Ural Español CF no campo da Grela (A Coruña)
Mércores 27 de decembro
Primeira Fase
ALEVÍN A 2 (Manu Sande e Álvaro Gómez) - CD CALASANZ 1
ALEVÍN A 7 (David Gómez -2-, Jorge Fernández, Hugo Luaces, Manu Sande e Rui Caamaño) - RACING DE FERROL 0
ALEVÍN A 3 (Hugo Macedo, Rui Caamaño e David Gómez) - ED LUIS CALVO SANZ 0

Cuartos de final
ALEVÍN A 6 (Álvaro Gómez -2-, David Gómez -2-, Iván Gil e Manu Sande) - EF LALÍN 0

Semifinal
ALEVÍN A 5 (Álvaro Gómez -2-, Manu Sande, Nacho Villanueva e Martín López) - FABRIL FC ALEVÍN 0

Final
ALEVÍN A 0 - RC CELTA 1

VIN Torneo Internacional do Nadal Concello de Vigo no campo Pahíño (Navia)
Venres 29 de decembro
Primeira Fase
ALEVÍN A 4 (David Gómez -2- e Álvaro Gómez -2-) - SD CRISTO DE LA VICTORIA 2
ALEVÍN A 2 (Álvaro Gómez e David Gómez) - FC PORTO 0
ALEVÍN A 2 (Manu Sande e Nacho Villanueva) - AD LOUSADA 2

Semifinal
ALEVÍN A 3 (Álvaro Gómez, Nacho Villanueva e Hugo Macedo) - SPORTING CP 0

Final
ALEVÍN A 2 (Nacho Villanueva e Hugo Macedo) - RC CELTA 2. A penaltis: 3-2

XVI Torneo de Nadal do Ural Español CF no campo da Grela (A Coruña)
Mércores 27 de decembro
Primeira Fase
URAL ESPAÑOL CF B 0 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Thiago López, Miguel Candal e Alejandro Astray)
FABRIL FC ALEVÍN 9 (Hugo Quintela -3-, Miguel Candal -2-, Nico Rodríguez-Ponce, Alejandro Astray e Xiao Fontao) - EF LALÍN 0
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Pablo Sánchez) - PABELLÓN OURENSE CF 0

Cuartos de final
FABRIL FC ALEVÍN 0 - ED LUIS CALVO 0. A penaltis: 3-2

Semifinal
FABRIL FC ALEVÍN 0 - DÉPOR 5

Terceiro e cuarto posto
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Hugo Álvarez e Miguel Candal) - BERTAMIRÁNS FC 1

Categoría benxamín
X Torneo Indoor Arousa Fútbol 7 na Senra (Ribadumia)
Sábado 30 de decembro
Primeira Fase
10:28: VILAGARCÍA SD B - FABRIL FC BENXAMÍN A
11:12: FABRIL FC BENXAMÍN B - CIRE MELIDE
13:46: FABRIL FC BENXAMÍN A - ED XUVENTUDE DE OROSO
15:15: FABRIL FC BENXAMÍN B - UD SANTA MARIÑA
17:27: FABRIL FC BENXAMÍN A - RC CELTA B
18:33: ALTO DO VENTO FS - FABRIL FC BENXAMÍN B
Os dous primeiros de cada grupo pasarán a cuartos de final, que arrincan a continuación