RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín A, subcampión hoxe domingo do Torneo Solidario Escola de Fútbol de Silleda

O Deportivo, representado polo seu Alevín A, participou hoxe domingo 20 de febreiro no Torneo Solidario Escola de Fútbol Silleda que se xogou no campo do Outeiriño.

Todos os asistentes deberon doar un quilo de alimentos non perecedoiros ou pagar unha entrada de dous euros, que serán destinados ao Banco de Alimentos.

Os rivais do Alevín A foron o Pabellón CF, Bertamiráns FC, Selección do Deza, Escola Estrada FB, Cidade de Ribeira CF e RC Celta.

A competición desenvolveuse en formato de liga todos contra todos, con estes resultados para o Alevín A:

PABELLÓN CF 0 - ALEVÍN A 2 (Pablo Somoza e Iago Lameiro)
BERTAMIRÁNS FC 0 - ALEVÍN A 2 (Javi Seoane e Pablo Vara)
SELECCIÓN DO DEZA 2 - ALEVÍN A 0
ESCOLA ESTRADA FB 0 - ALEVÍN A 2 (Antón e Martín Forján)
ALEVÍN A 2 (Raúl e Martín Forján) - CIDADE DE RIBEIRA CF 0
ALEVÍN A 0 - RC CELTA 1

Con estes marcadores, o Alevín A colgouse a medalla de prata no torneo.

O conxunto branquiazul marcha de líder destacado do subgrupo A da Primeira A Coruña con 27 puntos por 16 puntos do Atlético Coruña Montañeros CF, segundo clasificado.