O Cadete B tivo hoxe luns 3 de setembro o seu último test de pretemporada. Foi en Abegondo ante o Bergantiños B. O partido acabou en igualada (2-2), con Matos e Trigo como goleadores branquiazuis.
A seguinte cita do equipo que prepara Manolo Maceira será xa a próxima fin de semana en competición oficial no grupo 1º da Liga Galega, co Calasanz B como rival.
O choque de hoxe abre unha serie de compromisos amigables para infantís, alevíns e benjamines.
O Infantil A disputa durante a fin de semana o Torneo Internacional de Fútbol Arnedo Ciudad del Calzado na citada localidade rioxana. O conxunto deportivista adiantou para iso o seu primeiro partido da Liga Galega ante o Calasanz, que se xogará este mércores en Abegondo (18:00 horas).
Pola súa banda, o Alevín A participa na 5º edición do Torneo Narón O Freixo. Terá como rivais iniciais ao Rápido de Bouzas, Atlético Coruña Montañeros CF, Narón Freixo A e UD Ourense. A duración dos partidos será de 20 minutos salvo a final, que se xogará en 2 tempos de 15 minutos cada un.
Finalmente, Alevín B e Benxamín A representan ao Dépor na 7ª edición do Torneo EF Silleda, Memorial Ramón Barcala, que terá como escenario o campo municipal do Outeiriño en Silleda. O Alevín B competirá o domingo 9 e os benjamines, o sábado 8.
O calendario de amigables, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Categoría cadete
CADETE B 2 (Matos e Trigo) - BERGANTIÑOS B 2
Categoría infantil
XXIV Torneo Arnedo Ciudad del Calzado en Arnedo (A Rioxa)
Primeira Fase (no campo de herba artificial de Sendero)
Venres 7 de setembro
16:30: INFANTIL A - REAL SOCIEDAD
18:00: INFANTIL A - LEVANTE
19:30: ESPANYOL - INFANTIL A
Os dous primeiros clasificados pasan a unha Fase Final que se xogará o sábado 8 e domingo 9. O terceiro e cuarto xogará unha Fase de Consolación denominada Torneo Escola de Fútbol de Arnedo, tamén o sábado 8 e domingo 9. Os partidos terán unha duración de 18 minutos.
Categoría alevín
V Torneo Narón O Freixo no Estadio de Río Seco (Narón)
Sábado 8 de setembro
Primeira Fase (campo 1)
9:50: ALEVÍN A - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS
11:30: ALEVÍN A - UD OURENSE
13:10: ALEVÍN A - NARÓN FREIXO A
14:50: ALEVÍN A - RÁPIDO DE BOUZAS
Todos os equipos pasan á Fase Final, que arrancará ás 17:20 en formato de eliminatoria.
VII Torneo EF Silleda, Memorial Ramón Barcala, no campo de Outeiriño (Silleda)
Domingo 9 de setembro
Primeira Fase (campo 1)
11:00: ALEVÍN B - ESCOLA ESTRADA FB
12:20: ALEVÍN B - ATLÉTICO FÁTIMA
13:40: ATLÉTICO CUNTIS - ALEVÍN B
Os dous primeiros clasificados pelexarán polo título, nunha Fase Final por eliminatorias que, desde cuartos de final, comeza ás 16:40. Pola súa banda, o terceiro e cuarto de grupo xogan unha Fase de Consolación, que arranca ás 16:00 horas.
Categoría benjamín
VII Torneo EF Silleda, Memorial Ramón Barcala, no campo de Outeiriño (Silleda)
Sábado 8 de setembro
Primeira Fase
11:00: BENXAMÍN A - UD OURENSE (campo 2)
12:20: EFM BOIRO - BENXAMÍN A (campo 1)
13:40: BENXAMÍN A - SD TOURO (campo 2)
Os dous primeiros clasificados pelexarán polo título, nunha Fase Final por eliminatorias que, desde cuartos de final, comeza ás 16:40. Pola súa banda, o terceiro e cuarto de grupo xogan unha Fase de Consolación, que arranca ás 16:00 horas.



