RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Atlético confirma a súa presenza no Teresa Herrera

O Atlético de Madrid confirmou hoxe oficialmente a súa presenza na próxima edición do Trofeo Teresa Herrera. Será o cuarto equipo do cartel, co R.C. Deportivo, o Nacional de Montevideo, Cruz Azul.

O Nacional de Montevideo participou en dúas ocasións no decano dos torneos estivais. levou a Torre en 1958, tras imporse na final ao Flamengo (2-1). No seu outra participación, o equipo uruguaio caeu ante o R.C. Deportivo, en 1969.

A deste ano será a segunda participación no torneo da Cruz Azul mexicano, co deportivista Sebastián Abreu á cabeza. O debut foi na edición pasada, no 2001. Caeu ante o Real Madrid nos penaltis e perdeu 2-1 no partido de consolación ante o Peñarol de Montevideo.

O Atlético de Madrid é o terceiro equipo en número de participacións, por detrás do R.C. Deportivo e do Real Madrid. Participou nun total de 12 ocasións e logrou cinco Torre de Hércules, en 1956, 1965, 1973, 1985 e 1986. Ademais participou nas edicións de 1950, 74, 75, 81, 88, 97 e 98. Na súa última participación, caeu derrotado nas semifinais polo R.C. Deportivo (2-0). O máximo goleador colchoneiro no Trofeo é Becerra, con catro tantos.

O Atlético é un dos grandes do fútbol español, con 44.355 abonados. Conta con moita inchada en Galicia, e un total de 11 penas oficiais: 4 en Pontevedra (Marín, Pontevedra, Tomás Reñones de Porriño e A Estrada); 1 en Ourense (As Burgas da capital); 2 en Lugo (A Mariña de Burela e a Pena Lucense de Lugo); e 4 na Coruña (Sada, 2 penas na Coruña e Ferrol).

A falta de confirmación oficial, as datas probables do Trofeo Teresa Herrera serán do 8 ao 10 de agosto en Riazor.