RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín A gana en Betanzos na ida da eliminatoria previa ao Campionato Galego de fútbol 8

O Benxamín A encarrilou no Carregal ante o Betanzos CF (2-5), e a falta do partido de volta en Abegondo, a eliminatoria previa ao Campionato Galego de fútbol 8.

Miguel Candal -2-, Alejandro Astray, Mateo Carballeira e Hugo Bujía foron os goleadores fabrilistas.

Benxamín A: Brais Araújo, Hugo Quintela, Pablo Sánchez, Thiago López, Alejandro Astray, Miguel Candal, Mateo Carballeira e Hugo Bujía. Tamén xogou: Bruno Abelenda.

A próxima semana, o conxunto que prepara Jacobo Saco disputará un torneo amigable na localidade madrileña de Tres Cantos na modalidade de fútbol 7.