RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Primeiro triunfo do Orzán SD Infantil A este venres no Torneo Internacional San Bernabé, con cita tamén mañá sábado para o Orzán SD Infantil B en O Poboado

Dous equipos de ANOSACANTEIRA feminina teñen torneo amigable esta fin de semana.

Así, o Orzán SD Infantil A (na foto da noticia) arrincou este venres 13 de xuño con triunfo a 14ª edición do Torneo Internacional San Bernabé, en Torrelavega.

As orzanistas impuxéronse ao CD Oberena (1-0) con gol de Alba García.

E no campo de O Poboado de As Pontes, o Orzán SD Infantil B participa mañá sábado 14 de xuño na 1ª edición do Torneo Vila das Pontes.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría infantil
XIV Torneo Internacional San Bernabé, en Torrelavega
Primera Fase
Venres 13 de xuño
ORZÁN SD INFANTIL A 1 (Alba García) - CD OBERENA 0

Sábado 14 de xuño
9:50: SPORTING CP - ORZÁN SD INFANTIL A, en Ponte San Miguel
13:10: ORZÁN SD INFANTIL A - UNIÓN ARROIO, en Ponte San Miguel
19:00: ORZÁN SD INFANTIL A - MONTE SOCCER B, en Ponte San Miguel

Os dous primeiros de grupo e os dous mellores terceiros dos 3 grupos pasan á Fase Oro; o peor terceiro e o resto xogarán a Fase de Plata

I Torneo Vila de As Pontes, en O Poboado
Sábado 14 de xuño
Primera Fase
10:40: ORZÁN SD INFANTIL B - BATALLADOR SD
15:30: ORZÁN SD INFANTIL B - ATLÉTICO VILLALONGA FF

Os dous primeiros pasan a semifinais