Após a súa participación na Íscar Cup, o Benxamín A porá fin a esta semana Santa coa participación no Torneo Villa de Caldas, o domingo 1 de abril no campo das Corticeiras.
O calendario de partidos do equipo deportivista é o seguinte:
10:30: BENXAMÍN A - SUBCAMPIÓN GRUPO D (FASE PREVIA), (campo 2)
12:30: CAMPIÓN GRUPO C (FASE PREVIA) - BENXAMÍN A (campo 2)
15:00: CALDAS - BENXAMÍN A
Segundo clasificación, todos os equipos pasarán a continuación á Fase Final.
O Benxamín B debutou no Mundialito de Costa Daurada
Tres equipos do RC Deportivo representan desde onte domingo ao Club no Mundialito de Costa Daurada, que se xoga na modalidade de fútbol 7: Alevín A, Alevín B e Benxamín B.
Na primeira xornada só competiron o Alevín A e o Alevín B, que debutaron con goleadas. Hoxe luns entrou en acción tamén o Benxamín B.
O Alevín A quedou encadrado no grupo 41 co CF Vila-seca, San Pedro y San Pablo, Sogima (Brasil), Moderation Inc 2 (Xapón) e CFJFS (Mauritania).
O calendario de partidos da Primeira Fase, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:
Domingo 25 de marzo
ALEVÍN A 15 (Héctor -4-, Dani -2-, Óscar -2-, Lucas, Ayana, Guerrero, Samu, Álvaro, Luis e Adri) - CF VILA-SECA 0
Luns 26 de marzo
MODERATION INC '2' 0 - ALEVÍN A 10 (Ayana -3-, Héctor -2-, Óscar -2-, Dani, Lucas e Guerrero)
SAN PEDRO Y SAN PABLO 0 - ALEVÍN A 6 (Dani -2-, Héctor, Guerrero, Álvaro e Óscar)
Martes 27 de marzo
12:00. ALEVÍN A - SOGIMA (en Cambrils)
Mércores 28 de marzo
11:00: ALEVÍN A - CFJFS (La Floresta)
Se o Alevín A é primeiro ou un dos catro mellores segundos dos 12 grupos pasa a unha Fase Ouro. En caso de finalizar en terceira ou cuarta posición, accede a unha Fase de Prata. E se acaba quinto ou sexto xogará unha Fase 'Fair Play'. Todas elas baixo o sistema de eliminatoria.
Pola súa banda, o Alevín B quedou encadrado na Primeira Fase no grupo 33, con estes rivais: AD Salou, Arlington (USA), Gimnastic de Manresa e UFC Cambrils.
O calendario de partidos, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:
Domingo 25 de marzo
ALEVÍN B 15 (Dani -5-, Jairo -3-, Vergara -2-, Bruno -2-, Jorge, Marcos e Eli) - UD SALOU 0
Luns 26 de marzo
GIMNASTIC DE MANRESA 3 - ALEVÍN B 0
Martes 27 de marzo
09:00: UFC CAMBRILS - ALEVÍN B (La Selva del Camp)
15:00: ALEVÍN B - ARLINGTON (La Floresta)
Se o Alevín B é primeiro ou segundo pasa a unha Fase Ouro. En caso de finalizar en terceira ou cuarta posición, accede a unha Fase de Prata. E se acaba quinto xogará unha Fase Bronce. Todas elas baixo o sistema de eliminatoria.
Finalmente, o Benxamín B mídese na Primeira Fase, no grupo 15, ao 'UCF Cambrils 1', CE Santes Creus, CF La Selva del Camp e ao USA IFC East (USA), con este calendario:
Luns 26 de marzo
BENXAMÍN B 17 (Nico -4-, Ioan -3-, Gael -3-, Paulo -3-, Trigo -3- e Caaveiro) - 'UFC CAMBRILS 1' 1
Martes 27 de marzo
11:00: CE SANTES CREUS - BENXAMÍN B (en Cambrils)
Mércores 28 de marzo
10:00: BENXAMÍN B - CF LA SELVA DEL CAMP (La Selva del Camp)
16:00: USA IFC EAST - BENXAMÍN B (en Cambrils)
Se o Benxamín B é primeiro ou un dos dous mellores segundos dos 6 grupos pasa a unha Fase Ouro. En caso de finalizar en segunda posición (non sendo un dos dous mellores) ou ser un dos catro mellores terceiros, accede a unha Fase de Prata. E se acaba como quinto ou sexto mellor terceiro ou en cuarta posición, xogará unha Fase Bronce. Todas elas baixo o sistema de eliminatoria.
Rivais de pompa para o Cadete A no Torneo CesarAugusta de Zaragoza
O Cadete A medirase esta semana Santa ao Real Madrid e ao anfitrión Stadium Casablanca na 32ª edición do Torneo CesarAugusta Trofeo Tomás Martín, competición que se desenvolverá nas instalacións do club Stadium Casablanca de Zaragoza.
O calendario de partidos da Primeira Fase para o Cadete A é o seguinte:
Xoves 29 de marzo
12:00: CADETE A - STADIUM CASABLANCA
Venres 30 de marzo
12:00: REAL MADRID - CADETE A
O primeiro clasificado xogará a final contra o primeiro do outro grupo. Os segundos de cada grupo pelexarán polo terceiro e cuarto posto; e os terceiros, pola 5ª ou 6ª praza. Todo iso entre o sábado 31 pola tarde e a mañá do domingo 1 de abril.
Tres equipos branquiazuis compiten na prestixiosa Oviedo Cup
O Xuvenil B, o Cadete e o Infantil do Deportivo competirán na prestixiosa Oviedo Cup 2018.
Na Primeira Fase, o Xuvenil B terá como rivais ao Atlético Avilés, Japan United (Xapón), Condal FC e NeuroFútbol, con este calendario:
Xoves 29 de marzo
15:30: ATLÉTICO AVILÉS - XUVENIL B (no campo Mundial 82 de Mieres)
17:30: XUVENIL B - JAPAN UNITED (no campo Mundial 82 de Mieres)
Venres 30 de marzo
13:45: XUVENIL B - CONDAL CF (no campo de Güelito de Noreña)
20:45: NEUROFUTBOL - XUVENIL B (no campo de Güelito de Noreña)
Os dous primeiros clasificados clasifícanse para a Oviedo Cup Ouro; o 3º para a Oviedo Cup Prata; e o 4º e 5º para a Oviedo Cup Bronce. Todas estas fases polo sistema de eliminatoria.
En categoría cadete, CD Covadonga, Rayo Alcobendas, CD Quirinal e Faro B serán os rivais do Deportivo.
O seu calendario da Primeira Fase é o seguinte:
Xoves 29 de marzo
15:30: COVADONGA - CADETE (no campo dos Castañales - Luis Oliver de Oviedo)
17:30: CADETE - RAYO ALCOBENDAS (no campo dos Castañales - Luis Oliver de Oviedo)
Venres 30 de marzo
10:30: CADETE - QUIRINAL (no campo de Güelito de Noreña)
16:30: FARO B - CADETE (no campo dos Castañales - Luis Oliver de Oviedo)
Os dous primeiros clasificados clasifícanse para a Oviedo Cup Ouro; o 3º para a Oviedo Cup Prata; e o 4º e 5º para a Oviedo Cup Bronce. Todas estas fases polo sistema de eliminatoria.
Finalmente, en infantís, o Infantil branquiazul medirase en primeira instancia ao Spanish SD Dubai, Nuevo Bobadilla, San Claudio, Santa Marta e ao campión da Fase Previa.
O calendario do equipo deportivista é o seguinte:
Xoves 29 de marzo
15:30: GAÑADOR FASE PREVIA - INFANTIL (no campo dos Castañales - JA Rabanal de Oviedo)
17:30: INFANTIL - SPANISH SD DUBAI (no campo dos Castañales - JA Rabanal de Oviedo)
Venres 30 de marzo
13:45: NUEVO BOBADILLA - INFANTIL (no campo Díaz Vega de Oviedo)
19:45: INFANTIL - SAN CLAUDIO (no campo de Güelito de Noreña)
Sábado 31 de marzo
09:30: SANTA MARTA - INFANTIL (no campo do Cristo de Oviedo)
Os dous primeiros clasificados clasifícanse para a Oviedo Cup Ouro; o 3º e 4º para a Oviedo Cup Prata; e o 5º e 6º para a Oviedo Cup Bronce. Todas estas fases polo sistema de eliminatoria.
O Infantil A, á terceira edición da 'miBalón Internacional Cup'
O Infantil A do Deportivo participará na terceira edición da 'miBalón Internacional Cup', que se xogará na localidade alacantina de Teulada.
O calendario da Primeira Fase para o conxunto que prepara Iván Vázquez é o seguinte:
Venres 30 de marzo
17:00: INFANTIL A - GETAFE
20:00: SELECCIÓN TEULADA - INFANTIL A
Sábado 31 de marzo
14:00: VILLARREAL - INFANTIL A
Os dous primeiros de grupo pasan a semifinais, que se xogan a continuación; e o resto xogará unha Fase de Consolación para ditaminar a posición final no torneo.
Atlético de Madrid, Espanyol e Parquesol, rivais do Benxamín A na Íscar Cup 2018
Como é tradicional, o Benxamín A do Deportivo xogará a Íscar Cup, torneo que se disputa na localidade valisoletana de Íscar.
Na Primeira Fase, o equipo que prepara Pablo Barros quedou encadrado no grupo 2, co Atlético de Madrid, Espanyol e CD Parquesol de Valladolid.
O calendario é o seguinte:
Xoves 29 de marzo
10:15: ESPANYOL - BENXAMÍN A (campo Medina artificial 1)
13:15: ATLÉTICO DE MADRID - BENXAMÍN A (campo Medina natural)
18:15: PARQUESOL - BENXAMÍN A (campo Medina artificial 1)
O partido ante o Atlético de Madrid será retransmitido en directo por Gol.
Os dous primeiros de grupo, ademais do mellor 3º dos 7 grupos, accederán a oitavos de final, que se xogarán o venres 30. Os demais equipos pasan a unha Fase de Consolación, tamén ese mesmo día.



