RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín A supera ao Compañía e xoga este xoves os oitavos de final do Mini Teresa Herrera

O Benxamín A superou a eliminatoria previa da 23ª edición do Trofeo Mini Teresa Herrera ao gañar (0-10) ao Compañía de María en partido disputado hoxe martes 5 de xuño na cidade deportiva da Torre.

Nun choque de clara cor branquiazul, Anxo -3-, Leandro, Xabi, Pablo, Diego, Nico, Guille e Janusz foron os autores dos tantos deportivistas.

Benxamín A: Joel, Pablo, Iago, Íker, Mosquera, Rilo, Leandro e Diego. Tamén xogaron: Rodri, Guille, Xabi, Janusz, Nico e Anxo.

Este xoves 7 de xuño ás 20:00 horas na Torre xogaranse os oitavos de final. O rival do Benxamín A será o Victoria CF ou o Ciudad Jardín.