O Benxamín B disputará este sábado 2 de xuño a 6ª edición do Torneo San Mamed, no campo San Mamed en San Mamed de Rivadulla (Vedra, A Coruña).
O conxunto branquiazul quedou encadrado no grupo A, co CD San Mamed, ED Santiago, Xuventude Oroso e Milladoiro SD.
Por este motivo, o partido de liga do Benxamín B correspondente á 30ª xornada, última, da Segunda Comarcal A Coruña previsto para este mesmo sábado 2 de xuño ante o Victoria C trasládase ao martes 5 de xuño ás 20:00 horas en Abegondo.
O calendario de partidos do Benxamín B na Primeira Fase é o seguinte:
10:45: ED SANTIAGO - BENXAMÍN B (campo 2)
12:25: BENXAMÍN B - CD SAN MAMED (campo 2)
14:05: BENXAMÍN B - XUVENTUDE OROSO (campo 1)
16:55: MILLADOIRO SD - BENXAMÍN B (campo 1)
Os dous primeiros de grupo acceden a cuartos de final, que arrancarán ás 18:15 horas.
Modificado o horario do partido do Alevín A ante o Sevilla no Torneo Nacional LaLiga Promises
FC Barcelona, RC Celta, Real Sociedad e Sevilla serán os rivais do Alevín A na Primeira Fase da 25ª edición do Torneo Nacional Pamesa LaLiga Promises, organizado pola Fundación José Ramón de la Morena.
A competición arranca mañá venres 1 de xuño na Cidade Deportiva Pamesa Cerámica de Vilarreal.
O horario do partido do Alevín A ante o Sevilla, previsto inicialmente para as 12:30, xogarase definitivamente ás 13:00 horas.
O calendario de partidos do equipo que prepara Roberto Veres é o seguinte:
Venres 1 de xuño
10:00: FC BARCELONA - ALEVÍN A (televisado por Mega) (campo 1)
13:00: SEVILLA - ALEVÍN A (campo 3)
17:30: CELTA - ALEVÍN A (campo 2)
19:30: REAL SOCIEDAD - ALEVÍN A (campo 2)
Os catro primeiros de grupo acceden a oitavos de final, que comezan o sábado 2 de xuño ás 10:00 horas, televisados por laSexta. A continuación serán os cuartos de final (televisados por Gol). O domingo 3 serán as semifinais (laSexta) e a final.
O Benxamín A afronta dous torneos en Alemaña desde o venres ao domingo
Dobre torneo esta fin de semana para o Benxamín A en Alemaña: a Bielefeld TuS Ost Cup 2018 mañá venres 1 de xuño e a U10 PT Sports Junior-Cup o sábado 2 e domingo 3 de xuño.
Na TuS Ost Cup 2018, o Benxamín A quedou encadrado no grupo C, co WBS Warschau I, SV Westfalia Rhynern e VfB Fichte Bielefeld.
O calendario de partidos do conxunto deportivista é o seguinte:
Venres 1 de xuño
Primeira Fase
14:30: VfB FICHTE BIELEFELD - BENXAMÍN A
15:15: BENXAMÍN A - WBS WARSCHAU I
16:00: SV WESTFALIA RHYNERN - BENXAMÍN A
Segundo clasificación, arranca a continuación a Fase Final.
Doutra banda, na U10 PT Sports Juniorcup, o Benxamín A terá como primeiros rivais no grupo H ao SV Viktoria Klein-Zimmern, SV Sparta Werlte, Home Farm Dublin FC e Sparta Rotterdam.
O seu calendario de partidos é o seguinte
Sábado 2 de xuño
Primeira Fase
9:18: HOME FARM DUBLIN FC - BENXAMÍN A
10:30: BENXAMÍN A - SPARTA ROTTERDAM
11:06: BENXAMÍN A - SV SPARTA WERLTE
11:42: SV VIKTORIA KLEIN-ZIMMERN - BENXAMÍN A
Os dous primeiros de grupo acceden á Fase polo Título, mentres que o resto de equipos xogará unha Fase de Consolación, que arrincan a continuación.
O Alevín B busca revalidar o título da Jamón Cup en Calamocha (Teruel)
O Alevín B buscará esta fin de semana revalidar o título de campión da Jamón Cup, cultivado o ano pasado na localidade de Calamocha (Teruel).
O equipo que prepara Alberto Suárez quedou encadrado no grupo C, co Valencia CF, UE Bordeta, CF Reus, Zaragoza e Elche CF.
O calendario de partidos do Alevín B na Primeira Fase é o seguinte:
Sábado 2 de xuño
12:30: ALEVÍN B - UE BORDETA (campo Jumaya 1)
14:00: ZARAGOZA - ALEVÍN B (campo Jumaya 1)
19:00: CF REUS - ALEVÍN B (campo Jumaya 1)
20:30: ALEVÍN B - VALENCIA CF (campo Jumaya 1)
Domingo 3 de xuño
9:30: ALEVÍN B - ELCHE CF (campo Jumaya 2)
Os dous primeiros de grupo acceden a cuartos de final, que arrancan ás 11:30. Os demais, segundo clasificación, pasarán a unha Fase de Consolación, que comezará ás 13:10.
Un cadete do Dépor participa nun torneo en Maassluis (Holanda)
Un equipo cadete do Deportivo desprázase esta semana á cidade holandesa de Maassluis para disputar un torneo organizado polo club Excelsior Maassluis nas súas instalacións.
O conxunto branquiazul quedou encadrado na Primeira Fase co Excelsior Maassluis, Sparta Rotterdam e ADO Den Haag.
O calendario de partidos da Primeira Fase do Dépor é o seguinte:
Primeira Fase
Sábado 2 de xuño
10:15: EXCELSIOR MAASSLUIS - DEPORTIVO
11:45: DEPORTIVO - ADO DEN HAAG
14:00: DEPORTIVO - SPARTA ROTTERDAM
O domingo 3, os dous primeiros clasificados xogan unha Fase polo Título; mentres que o terceiro e o cuarto pasan a unha Fase de Consolación.



