O Cadete imponse ao Coruxo FC no seu primeiro partido de liga en Abegondo
O vixente campión da División de Honra, o Cadete deportivista, arrincou a liga en Abegondo con triunfo (3-1) sobre o Coruxo FC.
Janusz, Yago e Trillo foron os goleadores branquiazuis nun partido competido.
Con este resultado, os deportivistas suman 6 puntos de 6 posibles.
Cadete: Rodrigo, Guille, Xabi Campos, Pablo Campo, Íker Fernández, Abel, Balbas, Yago, Miguel de Labra, Trillo e Janusz. Tamén xogaron: Carballeira, Leandro, Diego e Xoel.
A próxima fin de semana, o conxunto que dirixe Daniel González visita na Coruña ao Ural Español CF.
Os resultados ata a data do Cadete son os seguintes: ED Val Miñor Nigrán 1 - Cadete 3 (Trillo, Miguel de Labra e Diego) Cadete 3 (Janusz, Yago e Trillo) - Coruxo FC 1