O Cadete mostrouse inalcanzable para o Salgueiriños FC (8-1), en partido correspondente á 4ª xornada na División de Honra.
Miguel de Labra -3-, Mosquera, Leandro, Carballeira e Diego foron os goleadores branquiazuis nun partido que xa se puxo de cara no marcador aos 4 minutos.
Con este resultado, o equipo de Daniel González suma 12 puntos de 12 posibles, situado na cabeza da clasificación.
Cadete: Rodrigo, Guille, Jorge, Pablo Campo, Íker Fernández, Xoel, Leandro, Mosquera, Miguel de Labra, Trillo e Janusz. Tamén xogaron: Gabriel, Frank, Carballeira, Álvaro Rioboo e Diego.
A próxima fin de semana, o Cadete visita ao UD Ourense; aínda que antes, concretamente o martes 3 de outubro ás 20:15 no Municipal da Estrada, Íker Fernández, Janusz, Nico Ruiz, Pablo García, Rodrigo e Yago foron citados pola selección galega sub-16 para disputar un partido amigable ante o CD Conxo Santiago de Liga Nacional xuvenil.
Os resultados até a data do Cadete son os seguintes: ED Val Miñor Nigrán 1 - Cadete 3 (Trillo, Miguel de Labra e Diego) Cadete 3 (Janusz, Yago e Trillo) - Coruxo FC 1 Ural Español CF 0 - Cadete 5 (Mosquera -2-, Miguel de Labra, Pablo Campo e Yago) Cadete 8 (Miguel de Labra -3-, Mosquera, Leandro, Carballeira e Diego) - Salgueiriños FC 1