RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Cadete precisa vencer este sábado ás 12:00 en Abegondo á SD Compostela para aspirar ao título da División de Honra

Os dous equipos cadetes finalizan esta semana a División de Honra e, con iso, a temporada 2024-25 en #ANOSACANTEIRA a nivel oficial.

Este sábado 7 de maio ás 12:00 o Cadete xógase o título no seu man a man co RC Celta.

Os branquiazuis, que se miden en Abegondo á SD Compostela, comezan esta última xornada segundos na táboa con 92 puntos por 94 dos celestes, que a esa mesma hora reciben na Madroa ao ED Xuventude de Oroso.

Así pois para ser campión, o Cadete ten que gañar o seu encontro e esperar unha derrota do RC Celta.

Así mesmo, onte xoves 5, o San Tirso SD Cadete pechou a súa campaña con derrota por 3-2 ante o CD Areosa no campo da Xunqueira en Comesaña (Vigo).

Os 'verdes' quedaron nunha brillante 4ª posición posto que son futbolistas todos no seu primeiro ano na categoría. Sumaron 62 puntos con 19 triunfos, 5 empates e 10 derrotas; con 83 goles a favor e 63 en contra.

Ademais, no seu cadro militaron os internacionais Raúl Lema ou Nikolay Dyulgerov.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría cadete
34ª xornada (última) (onte xoves): CD AREOSA 3 - SAN TIRSO SD CADETE 2 (Anxo -2-)
34ª xornada (última): CADETE - SD COMPOSTELA, mañá sábado 7 de xuño ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 94 puntos; 2. Cadete, 92 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán, 69 puntos; 4. San Tirso SD Cadete (un partido máis), 62 puntos; 5. SD Compostela e Arosa SC, 58 puntos...