RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete xoga o Torneo AD Vidú, suspendido polo temporal a pasada semana, este mércores 21

A segunda edición do Torneo AD Vidú, que ía disputarse o pasado mércores 14 de marzo no campo de fútbol do Pinguel en Ponteceso (A Coruña) e que foi suspendido polo temporal, xogarase finalmente este mércores 21.

No devandito trofeo están citados o Cadete do Deportivo, a Selección da Coruña, a Selección da Costa e o Bergantiños CF.

O formato de competición será de liga todos contra todos a unha soa volta, da que sairá o campión.

O calendario de partidos do Cadete do Dépor é o seguinte:

17:15: BERGANTIÑOS - DEPORTIVO
18:45: SELECCIÓN A CORUÑA - DEPORTIVO
20:15: SELECCIÓN DA COSTA - DEPORTIVO