RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ESTADO FÍSICO - PARTE MÉDICO

O capitán Manuel Pablo recibe a alta médica

O capitán deportivista Manuel Pablo éntrenseó de novo esta mañana con normalidade en Abegondo e recibió o alta médica. O lateral branquiazul estará pois a disposición de Víctor Sánchez do Amo

O equipo realizou xa esta mañá un traballo táctico no campo 3, xa coa mente posta no partido ante o conxunto canario. Antes houbo un traballo de forza e un exercicio de duelos no campo 2. Só Fabricio e Lux exercitáronse á marxe do grupo. Os demais futbolistas, incluídos Luisinho, Lucas e Fede Cartabia, completaron a sesión con normalidade.

Mañá xoves haberá xornada de descanso. O Dépor volve aos adestramentos o venres ás 10.30 en Abegondo.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Xoves 7 de abril
Descanso

Venres 8 de abril
10.30: Adestramento en Abegondo

Sábado 9 de abril
10.30: Adestramento en Abegondo

Domingo 10 de abril
10.30: Adestramento en Riazor, a porta pechada

Luns 11 de abril
11.30: Adestramento en Riazor, a porta pechada