RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Celta B cae en Lugo e fai campión da liga Nacional Xuvenil ao Deportivo

O Celta B pinchó esta mañana en Lugo (1-0) e converte en campeón matemático da liga Nacional Xuvenil ao Real Club Deportivo, que onte sábado gañaba en Ferrol ao Racing (0-1).

O Xuvenil B únese aos xa campións Xuvenil A (División de Honra), Cadete B (campión da liga Galega) e ao Alevín A (campión da liga Local de fútbol sete). Tamén está preto o cordón na liga Galega Xuvenil, da liga Galega Infantil, da liga Local infantil e da liga Local alevín de fútbol once no que sería sen dúbida o mellor ano da canteira deportivista, co Fabril en postos de Fase de Ascenso a Segunda División practicamente desde o arranque da tempada.

No outro partido de categorías inferiores celebrado hoxe, o Cadete A goleou (5-0) no Mundo do Fútbol ao Val Miñor. en choque correspondente á División de Honra da categoría.