RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O club márcase o reto de chegar aos 25.000 socios antes de fin de ano

O Deportivo márcase un novo reto. Así o avanzó en rolda de prensa o Presidente Augusto César Lendoiro: "alcanzar os 25.000 socios antes de que finalice 2011". Nada más chegar a este algarismo, á altura de moi poucos n

Ademais, o club bautizou o mes de outubro como "mes do socio". Así, a mediados terá lugar a entrega das insignias de ouro, acompañados do seu diploma e o seu carné, aos 40 socios que este ano cumpren 50 anos ininterrompidos como abonados". "Ningún club de España fai o do Deportivo, que estas persoas xa non paguen máis por ver ao seu equipo", lembra. Uns días máis tarde, a quenda será para os de prata, que recibirán unha insignia de prata do club ao cumprir 25 ininterrompidos como socios.

Entradas do derbi
O Consello de Administración mostrouse "sorprendido" polas 1.000 entradas de público vendidas para o derbi vendidas no primeiro día que saíron á venda. A estas hai que unir, lembra Lendoiro, "ás 1.000 que xa están comprometidas para o Celta (en Preferencia Superior Lateral)". Ademais, lembrou que no acordo entre ambos os clubs, "estas 1.000 entradas iniciais (en Vigo serán na segunda volta serán na localidade de Río Alto) pódense aumentar nunhas 800 máis se quince días antes do partido están xa liquidadas as primeiras".

Inauguración da nova zona de vestiarios do Estadio de Riazor
Tamén avanzou aos medios de comunicación que a próxima semana procederase á inauguración da nova zona de vestiarios, unha zona que seguro que será de visita "obrigada a todos os deportivistas". O Presidente describiuna desta maneira: "ten fotos a tamaño de tres metros con momentos históricos do club, incluído o gol de Aranzubía ao Almería".
 
Caso Veciñanza
Este mércores, o Presidente avanzou que estará presente en Madrid na Xunta Directiva da Federación Española. Sobre a mesa, seguro que sairá a relucir o tema Veciñanza: "Agora mesmo este caso depende de resolucións xudiciais e na propia Federación Española".
A raiz do problema, para o dirixente deportivista, está en que agora mesmo o Deportivo "é o club español ao que máis diñeiro lle deben o resto de clubs do fútbol español". Esa cifra está en 8 ou 9 millóns de euros, se se suman as cantidades debidas do Zaragoza, Mallorca, Real Racing Club, Betis e As Palmas. "O Deportivo debe moitísimo menos. E parece que é ao revés", conclúe molesto. "Se non páganche, é imposible que o teu pagues", insiste.