RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Espe Pizarro, nova xogadora do Dépor ABANCA

O Dépor ABANCA incorpora para a temporada 2025-26 a Esperanza Pizarro Pagalday (15 de abril de 2001, Uruguai), coñecida futbolísticamente como Espe Pizarro.

Xoga de extremo, procede do Eibar SD e en 3 temporadas disputou un total de 84 partidos repartidos en dúas temporadas en Liga F e unha en Primera Federación FutFem nas que anotou un total de 8 goles en liga, 1 en Copa de la Reina e 4 asistencias.

Algún deles foi de bela factura, como o que marcou ao Madrid CFF desde case 40 metros e por todo o recanto para dar ao seu equipo o triunfo.

Espe Pizarro chegou ao conxunto vasco na temporada 2022-23 en Primera Federación FutFem procedente do seu club en Uruguay, o Nacional de Montevideo.

É internacional uruguaia e está convocada para disputar a Copa América do mesmo xeito que outra deportivista, Michi Apóstol, con Venezuela.