RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Semana curta para As Nosas, "sen poder cargar moito", antes da SD Eibar este sábado 28 en ABANCA-RIAZOR

O Dépor ABANCA, este mércores 25 con xornada de descanso, arrinca unha semana curta despois do partido do pasado luns 23 na Cidade Deportiva do Granada CF e do novo encontro este sábado 28 ás 18:00 (Dazn e RTVE Play) en ABANCA-RIAZOR ante a SD Eibar.

Fran Alonso advertiu que "non imos poder adestrar moito, non imos poder cargar moito".

Os resultados da última xornada, coa derrota ante o conxunto granadino cuxo resumo podes ver a pé destas liñas, deixaron ás Nosas en 12ª posición con 23 puntos.

O corpo técnico disporá de 2 sesións de traballo matinais no Dépor Training Center para "tentar repasar un pouco o plan táctico do seguinte partido e corrixir erros que cometemos" segundo apuntou o adestrador deportivista.

De feito, aprecia "certas similitudes" entre o Granada CF e a SD Eibar, "en canto a formación, liña de 5..."

O plan semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é o seguinte:

Xoves 26 de marzo
10:45

Venres 27 de marzo
10:45

Sábado 28 de marzo
18:00: Deportivo ABANCA - SD Eibar, en ABANCA-RIAZOR