RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Fran Alonso: "O de Granada é un dos partidos que máis leccións nos deixa porque non estivemos ben"

Fran Alonso cre que na primeira parte ante o Granada CF "o equipo tivo o control aínda que non xeramos moito perigo ningún dos dous equipos. No segundo tempo fixéronnos dano nas transicións. Non chegabamos ás axudas, atopábannos as costas... Está ben ser agresiva e presión alta pero hoxe (por onte) puidemos sobrevivir algúns momentos en bloque baixo e recuperar enerxía. O ímpeto das xogadoras por ir gañar o partido custounos á volta".

O técnico deportivista conclúe que "non foi un bo partido. Viñamos nunha boa dinámica pero o de Granada é un dos partidos que máis leccións nos deixa porque non estivemos ben".

Finalmente pide "corrixir rapidamente porque nos vén un partido en casa (a SD Eibar o sábado 28 de marzo ás 18:00 en ABANCA-RIAZOR) que é clave, contra un rival directo. Hai que recuperarse rápido e pór este partido no pasado".