RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor 2022-23 bota a andar mañá luns en Abegondo

O Deportivo iniciará a pretemporada mañá luns 18 de xullo en Abegondo. Os futbolistas branquiazuis terán que presentarse na Cidade Deportiva a partir das 08:15 h. da mañá para ser sometidos ao exame médico clásico da volta das vacacións de verán, incluída unha proba analítica.

A continuación, os xogadores recibirán a benvida a cargo do técnico Borja Jiménez, paso previo ao comezo do primeiro adestramento sobre o céspede, que está previsto ao redor das 10:30 horas.

Os futbolistas citados mañá son os seguintes:

Porteiros

Ian Mackay Abad

Pablo Brea Fontás

Eduardo Daniel Sousa Iglesias

Defensas

Antonio Jesús Regal Angulo

Héctor Hernández Ortega

Daniel Barcia Rama

Borja Granero Niñerola

Jaime Sánchez Muñoz

Adrián Lapeña Ruiz

Raúl García Carnero

Centrocampistas

Diego Villares Yáñez

Alejandro Bergantiños García

Roberto Olabe del Arco

Isaac Gómez Sánchez

Atacantes

Yeremay Hernández Cubas

Víctor Narro Valero

Gorka Santamaría Nos

Alberto Quiles Piosa

David Mella Boullón

Álvaro Pérez Campo 'Trilli' atópase en Barcelona onde foi intervido cirurxicamente para solucionar as molestias sufridas no nocello a temporada pasada. Nestes días realiza na capital catalá a fase de rehabilitación inicial post cirúrxica antes de regresar á Coruña para continuar o seu proceso de recuperación en Abegondo xa baixo a supervisión dos Servizos Médicos do Real Club Deportivo.

O corpo técnico é o seguinte:

Adestrador: Borja Jiménez

Segundo adestrador: Álex Martinez

Preparador físico: Luis Fandiño

Preparador de porteiros: Alberto Casal

Analistas: Asier Marote e Alejandro Antón

Médicos: Carlos Lariño e Ramón Barral

Fisioterapeutas: Daniel Varela e Rubén Barreiro

Readaptador físico: Álex Canosa

Nutricionista: Álex Santiso

Utilero: Jesús Méndez

Pablo Barros incorpórase como delegado

Pablo Barros (Ferrol, 3 de xullo de 1990) será esta temporada o delegado do primeiro equipo.

Graduado en Ciencias da Actividade Fisica e o Deporte, é Adestrador Nacional de Fútbol (Nivel III) pola escola de adestradores do RC Deportivo, ademais de Posgrao de Analisis do Xogo e Especialización Profesional do adestrador-analista en fútbol na Universidade da Coruña.

Pablo Barros chegou ao Dépor na temporada 2011-2012 para realizar prácticas no Xuvenil A.

Incorporado á estrutura de técnicos de #ANOSACANTEIRA pasou polo Infantil B (2012-13 como segundo adestrador e 2013-14 xa como primeiro); Infantil A (2014-15); Benxamín A (de 2015-16 á 2018-19); e coordinador do Dépor Genuine (2017-18 e 2018-19).

Desde a campaña 2019-20 é o director das actividades formativas da Fundación RC Deportivo, como os DéporCampus Cabreiroá ou a Escola RC Deportivo, labor que desempeña na actualidade.