RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA desprázase en avión este venres a Córdoba para visitar o sábado ás 12:30 ao conxunto andaluz

O Dépor ABANCA viaxa este venres a Córdoba, vía Málaga, para visitar ao conxunto andaluz o sábado 25 de marzo ás 12:30 na Ciudad Deportiva do Córdoba CF - Rafael Gómez, en partido correspondente á 24ª xornada. Ese venres non haberá actividade no campo para o cadro branquiazul.

O regreso á Coruña da expedición deportivista será tamén en avión, vía Sevilla, o sábado pola tarde-noite.

O plan de viaxe das Nosas é o seguinte:

Venres 24 de marzo
18:10: Saída do voo de Santiago con destino ao Aeroporto de Málaga
19:40 (horario aproximado): Chegada ao Aeroporto de Málaga e traslado en autocar a Córdoba
21:45 (horario aproximado): Chegada ao Hotel EXE Las Adelfas (Córdoba)

Sábado 25 de marzo
12:30: Córdoba CF - Deportivo ABANCA, na Ciudad Deportiva do Córdoba CF - Rafael Gómez
Ao concluír comida no Hotel EXE Las Adelfas (Córdoba)
16:30: Traslado en autocar ao Aeroporto de Sevilla
20:30: Saída do voo do Aeroporto de Sevilla con destino Santiago
22:00: Chegada aproximada a Galicia