RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA encara o ecuador da pretemporada co Trofeo Concello de Sanxenxo ante o Viajes InterRías FF

No ecuador da pretemporada, #ASNOSAS visitarán mañá domingo 21 de agosto ao Viaxes InterRías FF, de Segunda Federación Feminina, co Trofeo Concello de Sanxenxo en xogo.

O choque, cuarta cita de pretemporada, arrincará ás 19:00 horas no campo Novo San Pedro de Vilalonga.

Até a data as pupilas de Irene Ferreras competiron a bo nivel no Trofeo Cidade de Gaia de Portugal ante o Valadares Gaia FC (2-4), no Teresa Herrera ante outro equipo luso, o FC Famalicão (2-2 e 5-3 por penaltis) e ante a SD Eibar (1-2) en Asturias, na súa única derrota este verán.

Causan baixa para esta cita por lesión Yohana, Carlota Sánchez e Letti Sevilla. A boa noticia é Samara Ortiz, que podería debutar despois de superar un proceso vírico que lle impediu ter minutos no tres primeiros partidos.

A convocatoria de Irene Ferreras para este partido está formada por estas xogadoras: Samara, Lorena Reina, Henar, Inés Altamira, Paula Gutiérrez, Eva Dios, Carlota Suárez, Laura Fernández, Millene, Lucía, Ainhoa Marín, Patri López, Raquel García, Aroa Guerra, Charle, Cris Martínez; ademais das canteirás Tati, Paula Monteagudo, Nuria Gómez, Paula Novo e Marta Rico.

As pontevedresas acaban de caer derrotadas co filial deportivista en Abegondo (2-0) este pasado mércores grazas a dous goles de Laura Otero.

Finalizado este compromiso, o cadro adestrarase de novo o luns 22 ás 10:00 en Abegondo.