O Dépor ABANCA pechará 2022 cunha longa viaxe de case 5.000 kilometros para visitar ao CD Juan Grande
O Dépor ABANCA pechará o ano 2022 en Primera Federación FutFem cunha longa viaxe de case 5.000 quilómetros, entre ida e volta, para visitar este sábado 17 de decembro ás 18:00 (hora local, 19:00 na Península) en San Bartolomé de Tirajana (Gran Canaria) ao CD Juan Grande Ginelux, correspondente á 13ª xornada.
#ASNOSAS viaxarán o venres 16 xusto despois de adestrar no campo de herba artificial do Monte (San Tirso de Mabegondo), mesmo tipo de superficie no que se xogará o encontro, e regresarán o domingo 18 ao mediodía.
A folla de ruta do Dépor ABANCA é a seguinte:
Venres 16 de decembro 9:30: Adestramento no Monte (San Tirso de Mabegondo) 13:35: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino ao Aeroporto de Madrid - Adolfo Suárez 15:45: Saída do voo do Aeroporto de Madrid - Adolfo Suárez ao Aeroporto de Gran Canaria 17:45 (hora local, 18:45 na península): Chegada ao Aeroporto de Gran Canaria e traslado ao hotel Elba Vecindario Aeropuerto Bussiness & Convention
Sábado 17 de decembro 18:00 (hora local, 19:00 na Península): CD Juan Grande Ginelux - Deportivo ABANCA, no Estadio Municipal Castillo del Romeral
Domingo 18 de decembro 9:30 (hora local): Saída do voo do Aeroporto de Gran Canaria con destino Santiago 13:20 (horario aproximado): Chegada a Galicia