RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA preparará con sete adestramentos a X edición do Trofeo Teresa Herrera

O Deportivo ABANCA, vencedor do Trofeo Cidade de Gaia onte sábado na súa estrea nesta pretemporada, preparará desde mañá luns con sete adestramentos en Abegondo a X edición do Trofeo Teresa Herrera.

O encontro, único do verán na Coruña para as branquiazuis, disputarase en ABANCA-RIAZOR o sábado 13 de agosto ás 18:00 horas, antes da final masculina, co FC Famalicao luso como rival.

O martes 9 e o xoves 11 haberá dobre quenda de traballo para o cadro deportivista, ás 11:00 e 17:00.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 8 de agosto

11:00 h.

Martes 9 de agosto

11:00 h. e 17:00 h.

Mércores 10 de agosto

11:00 h.

Xoves 11 de agosto

11:00 h. e 17:00 h.

Venres 12 de agosto

11:00 h.

Sábado 13 de agosto

18:00: Deportivo ABANCA - FC Famalicao, en ABANCA-RIAZOR