O Dépor ABANCA, que hoxe recibiu a visita do Presidente, completará seis sesións nesta semana
O Dépor ABANCA completará nesta primeira semana de pretemporada un total de seis sesións de adestramento en Abegondo.
O pasado luns 25 de xullo, o cadro branquiazul foi sometido a unha primeira avaliación física no ximnasio da Cidade Deportiva.
Onte martes 26, as xogadoras deportivistas pasáronse en tres quendas desde as 08:00 polo centro Quirónsalud de ABANCA-RIAZOR para as pertinentes probas médicas, analítica incluída, a cargo dos Servizos Médicos do RC Deportivo. Pola tarde, ás 17:30, tivo lugar o primeiro adestramento na Cidade Deportiva.
Esta mañá, Antonio Couceiro, Presidente do RC Deportivo, deu a benvida ao equipo no vestiario. O máximo dirixente deportivista tivo a oportunidade de saudar ás veteranas do equipo e coñecer ás novas incorporacións.
Após este sinxelo acto e unha charla técnica na sala de vídeo, arrancou unha nova sesión de traballo no campo 5.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte: