RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA rescata un punto no desconto en Córdoba (1-1)

O Dépor ABANCA, segundo clasificado, visitaba ao Córdoba após a derrota en casa máis clara da temporada fronte ao líder, o FC Barcelona, co obxectivo de recuperar o camiño das vitorias ante o segundo equipo pola cola da categoría.

As necesidades clasificatorias do equipo local fixeron que desde o minuto uno a presión alta fose asfixiante para un Dépor ABANCA que foi o primeiro dos dous equipos en pisar área contraria por mediación de Carlota Sánchez, aínda que o primeiro disparo protagonizouno o Córdoba cun disparo desviado sobre a meta de Lucía.

Continuaron as chegadas locais cun dobre remate, o primeiro rexeitado pola defensa e o segundo excesivamente alto. Ao Dépor ABANCA custoulle moito xerar chegadas e perigo, aínda que dispuxo dalgunha, como a xogada entre Carlota Sánchez e Suárez que acabou cortando a defensa contra a man da atacante olívica.

Unha falta perigosa que lanzou Paula arriba foi outra das poucas oportunidades das que dispuxeron As Nosas nun primeiro tempo no que Palacios obrigou a Lucía a botarlle a luva a unha ocasión, ademais do disparo ao traveseiro que tamén protagonizaron as futbolistas locais.

Con movemento no banco no descanso, o Dépor ABANCA saíu un pouco mellor no segundo tempo, con varias chegadas como a de Carlota Suárez que deixou un pase atrás para Eva que rexeitou a porteira e que finalmente, entre Gordillo e o seu defensa acabaron sacando. Ou a que volveron ter As Nosas á saída dun córner.

Ao revés que no primeiro tempo, co paso dos minutos o partido foise inclinando cara ás locais que dispuxeron da ocasión máis clara do partido xusto antes da pausa para a hidratación. Despois dela chegou o gol local, un xerro de auga fría con menos dun cuarto de hora por diante para tentar buscar a remontada.

Nese tempo non chegou ningunha ocasión evidente para poder rescatar polo menos un punto en terras cordobesas, salvo un tiro ao lateral da rede, pero un penalti sobre Aroa Guerra transformado polo recanto por Ainhoa Marín serviu para conseguir un novo punto a domicilio.

Córdoba CF: Gordillo, Loba (Esojo, min. 87), Palacios (Felicite, min. 81), Yanire Ruiz, Ana Ocón, María Barquero, María Lara, Moreira, Cintia Hormigo, Elisa (Alcaide, min. 87) e Celia (Guillén, min. 62).

Dépor ABANCA: Lucía, Cris Martínez, Inés Altamira, Raquel García, Samara (Charle, min. 46), Paula Gutiérrez, Henar, Sara Navarro (Ainhoa Marín, min. 64), Eva Dios (Laura Fernández, min. 77), Carlota Sánchez (Monteagudo, min. 46) e Carlota Suárez (Aroa Guerra, min. 64).

Árbitra: Couso Cuadrado (c. catalán). Amonestó a Samara (min. 14), Loba (min. 66), Barquero (min. 89), Sergio Roldán (min. 90+1) e Esojo (min. 90+4).

Incidencias: partido da 24ª xornada de Primera Federación Iberdrola disputado na Ciudad Deportiva del Córdoba CF - Rafael Gómez.