RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA volveu ao traballo despois de dous días de descanso xa pensando no Granada CF

As Nosas, que gozaron de dous días de descanso (o domingo e onte luns), regresaron esta mañá a Abegondo coa mente posta xa na próxima cita en Primera Federación Iberdrola, o sábado 1 de abril ás 12:00 en Abegondo (Youtube: RC Deportivo) ante o Granada CF.

A última xornada de liga, co empate en Córdoba, deixou ao Dépor ABANCA na 3ª posición con 42 puntos, os mesmos que o CDF Osasuna Femenino. Por diante marcha o SD Eibar (2º con 43) e o FC Barcelona B, líder con 49 puntos pero que non pode ocupar a praza de ascenso directo pola súa condición de filial.

Irene Ferreras disporá de catro sesións de traballo ás 10:00 na Cidade Deportiva, con vídeo e ximnasio previos cada día a partir das 9:00 horas.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 28 de marzo
10:00 h.

Mércores 29 de marzo
10:00 h.

Xoves 30 de marzo
10:00 h.

Venres 31 de marzo
10:00 h.

Sábado 1 de abril
12:00: Deportivo ABANCA - Granada CF, en Abegondo