RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor activa a conta atrás para o debut ligueiro deste sábado en ABANCA-RIAZOR

O Deportivo activou esta mañá en Abegondo a conta atrás para o debut ligueiro, este sábado 3 de setembro ás 19:30 en ABANCA-RIAZOR ante a Balompédica Linense, correspondente á 2ª xornada no grupo 1º de Primera Federación.

Borja Jiménez puido dispoñer de todo o seu cadro sobre o céspede salvo Borja Granero, que está con adestramento individualizado.

Despois dun quecemento con mobilidade e unha roda de pases, o corpo técnico deportivista dispuxo unha tarefa de posesión, un exercicio táctico de inicio de xogo e fútbol en espazo reducido, de alta intensidade. Diego Villares e Roberto Olabe, de acordo cos Servizos Médicos, non participaron nesta última tarefa. Ambos os futbolistas están na fase final da súa recuperación e Borja Jiménez non quere correr ningún tipo de risco.

Un último exercicio específico para un grupo de xogadores, de entradas por banda con finalizacións, puxo o punto e final a unha calorosa mañá na Cidade Deportiva.

Mañá martes, o cadro está citado ás 9:00 na Cidade Deportiva para almorzar e saltar ao céspede a partir das 10:30 horas.