RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor apunta desde mañá ao Reino de León

O Dépor, que hoxe martes ten xornada de descanso, apunta desde mañá mércores á próxima cita no grupo 1º de Primera Federación, o domingo 19 de marzo ás 17:00 (InSports.tv) no Estadio Reino de León ante a Cultural y Deportiva Leonesa.

A última xornada ligueira deixou a Os Nosos na 2ª posición da táboa con 51 puntos, a 2 puntos do AD Alcorcón, líder con 53 puntos. Por detrás están Racing de Ferrol e Real Madrid Castilla, ambos con 49 puntos.

Óscar Cano dispuxo esta semana catro sesións de traballo na Cidade Deportiva ás 10:30, con almorzo xa na instalación para futbolistas e técnicos cada día ás 9:00 horas.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 15 de marzo
10:30 h.

Xoves 16 de marzo
10:30 h.

Venres 17 de marzo
10:30 h.

Sábado 18 de marzo
10:30 h.

Domingo 19 de marzo
17:00: Cultural y Deportiva Leonesa - Deportivo, no Estadio Reino de León