RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Dépor cae eliminado inxustamente por un Espanyol que foi inferior

O Deportivo, tras outro gran encontro en Riazor, cayó inxustamente eliminado polo Espanyol na Copa do Rei ao perder (1-2) na prórroga. O equipo de Lotina foi o claro dominador, dispuxo de clarísimas oportunidades, pero a fortuna de no

Saíu mellor o Espanyol, que presionou ben nos primeiros instantes e achegouse con perigo á área de Munúa. Con todo, cando o partido estaba xa equilibrado, Luís García, de forma acrobática e con algo de fortuna, adiantándose no intento de despexe de Pablo Amo, facía o 0-1. A partir de aí o Deportivo fíxose amo e señor do partido. E creou ocasións para marcar. Dous moi claras con Bodipo de protagonista. Unha delas foi ao traveseiro nun gran cabezazo do dianteiro andaluz e na outra, de tacón, o seu remate foi detido in extremis por Lafuente. Coloccini, noutro gran partido, sacou un cabezazo nun saque de esquina que obrigou á meta espanyolista a realizar outra gran intervención. O gol non chegou e ao descanso chegouse con 0-1 no marcador.

O segundo tempo seguiu a tónica do primeiro. Dominio total e absoluto do Deportivo. Lafita xa puido empatar, pero, só ante Lafuente, o seu disparo foise alto. A merecida igualada chegou ao fío do minuto 60. Riki xuta duro desde a frontal, non detén Lafuente e o tiro posterior de Lafita sácao involuntariamente pero coa man un defensor espanyolista. Penalti que Sergio transforma merecidamente no 1-1. Antes, Lotina xógalla e Rubén sae por Cristian. No Espanyol, tras o gol da igualada, Valverde decide sacar a súa artillaría pesada: Tamudo substitúe a un tempo.

As ocasións seguiron sendo moi claras para o Deportivo. Bodipo e Rubén, ambos na liña de gol, non chegan por moi pouco a un centro raso de Riki. Pouco despois, Bodipo tenta no segundo pau baixar co peito un centro pasado de Filipe, e o seu control defectuoso aprovéitao Coloccini, aínda que o seu remate, en semifallo, foise fóra por pouco.

O Espanyol tratou de tocar máis aproveitando a entrada no tramo final do partido de Iván da Pena, pero tivo Bodipo o pase nas súas botas co tempo cumprido pero, tras regatear a Lafuente, xutou demasiado alto. Empate a uns, como na ida, e á prórroga copeira en Riazor.

Na prórroga, o pase a oitavos decidiuse ao fío do final do primeiro tempo. Filipe, tras unha gran xogada, estrelou un balón no pau no que puido ser o 2-1. Case no lance seguinte, Tamudo, de cabeza, bateu a Munúa nun dos resultados máis inxustos que se lembran en Riazor. Era o minuto 104, é dicir, 14 do primeiro tempo da prórroga.

No últimos quince minutos, o Deportivo lanzouse a por o Espanyol. Mejuto González non viu un clarísimo penalti dun defensor espanyolista a Sergio, cando o xogador do Dépor se aprestaba a aproveitar unha deixada de Bodipo. Faltaban entón dez minutos para o final e fose unha porta á esperanza dunha remontada. Pero Mejuto González non o sinalou e ao final todo quedou nun aluvión de protestas para o colexiado. A falta de dous minutos, Barragán enviou ao pau cun gran chute desde fóra da área. Poucos instantes despois, Bodipo plántase só ante Lafuente pero, moi canso, non foi capaz de definir. Juan Rodríguez, case ao fío do asubío final, envía alto na área pequena un bo centro de Gardado. Non puido ser e eliminación inxusta na Copa.