RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O Dépor cae en Riazor e queda eliminado da Copa da UEFA

var ivPlayer390181 = new IVPlayer("350", "285",false, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf"); ivPlayer390181.playVideo('player390181', 'UEFA0809_1-16_volta_deportivo1-aalborg3

Lotina cambiou de sistema para sorprender, prevendo un partido longo, intenso e de moito sufrimento para os seus homes. Aliñou a tres centrais e dous carrileros de longo percorrido: Filipe pola esquerda e De Guzman pola dereita.

Ao dez minutos de partido veu o primeiro contratempo serio. Bodipo, de novo con molestias no bíceps femoral, ten que deixar o seu sitio a Omar Bravo. Pouco despois, o árbitro do partido, a instancias do seu xuíz de liña, anula de forma rigorosa un gol ao dianteiro mexicano que se marchou de velocidade do seu par tras recibir un gran pase de Valerón.

Comezou a avalancha deportivista en ataque. Ao vinte minutos, Lafita márchase do seu par de fóra a dentro e desde a frontal da área engancha un tiro raso que se marcha fóra por pouco. O acoso seguía. De novo Omar Bravo cabecea lixeiramente alto un bo centro de Valerón. Ao minuto, Filipe roza o gol tras plantarse só ante Zaza. Riazor ruxía desde a bancada. O partido púñase tal e como o quería Lotina.

Alan Kelly, colexiado irlandés do partido, trágase un clarisimo penalti de Augustinussen a Adrián López. O danés derruba co cóbado ao canterazo do Dépor cando este se aprestaba ao remate na área pequena.

O Aalborg tamén asustaba á contra, con Due, Shelton e Caca principalmente. Foi Shelton o que puido bater a Aranzubía ao encaralo e regatealo. Colotto saca baixo paus o frouxo disparo do dianteiro do equipo danés.

O Deportivo logrou o primeiro tanto no minuto 37. Sergio recibe só no centro do campo, regatea ao seu par e xuta raso. O balón, tras tocar nun defensor danés, despista a Zaza.

A alegría durou pouco. Shelton, en posición de fóra de xogo, empata o partido ao rematar de cabeza no segundo pau unha prolongación dun compañeiro ao saque dunha falta. Pouco despois chegou a sentenza entre a incredulidade da bancada. Johansson, de novo no segundo pau e libre de marca, logra de cabeza o segundo tras outra prolongación dun saque de esquina danés. Un minuto máis tarde, co Dépor fose do partido, Enevoldsen, tras outro contragolpe, anota o terceiro ao rematar libre de marca no segundo pau un paradón de Aranzubía a tiro de Shelton, un auténtico quebradizo de cabeza para a defensa deportivista nesta recta final do primeiro tempo.

Partido e eliminatoria sentenciada, desgraciadamente a favor do Aalborg.

No segundo tempo, o Dépor saíu a remontar polo menos o partido e dar unha alegría á súa afección. Filipe puido marcar de falta ao bordo da área, pero o seu disparo roza a escuadra de Zaza. Pouco despois, Omar Bravo case marca de vaselina tras recoller un balón na frontal da área, vendo a posición adiantada do porteiro do Aalborg.

Pablo Álvarez deu profundidade á banda dereita e por aí creaba perigo o Deportivo, con Valerón enlazando ben o centro do campo coas bandas. Lotina comezou a pensar xa no partido de Liga de Numancia e retirou a Filipe. Deu entrada Juanan, outro canteirán que debutá en Europa.

O partido non deu para máis. Vitoria final para o Aalborg e o Dépor despídese de Europa.

Real Club Deportivo: Aranzubía, Filipe (m. 68, Juanan), Ze Castro, De Guzman (m. 46, Pablo Álvarez), Sergio, Antonio Tomás, Lafita, Colotto, Valerón, Bodipo (m. 10, Omar Bravo) e Adrián López.

Árbitro: Alan Kelly, de Irlanda. Malo, moi malo. Equivocouse sempre en contra do Deportivo. Non viu un penalti absurdo pero claro de Enevoldssen a Adrián López, con 0-0 no marcador. Deu un gol en fóra de xogo, o do empate danés; e non concedeu un a Omar Bravo en posición legal ao dez minutos de partido. Amoestou a Adrián López e a Pablo Álvarez, este en dúas ocasións, polo que foi expulsado xa co tempo cumprido.

Gol: 1-0, m. 37: Sergio; 1-1, m. 41: Shelton; 1-2, m. 45: Johansson; 1-3, m. 46: Enevoldsen.