RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Dépor cae goleado en Sevilla nun partido que supuxo o regreso de Jorge Andrade

O Deportivo aguantou o primeiros corenta e cinco minutos ante o líder, o Sevilla, un equipo enrachado en todas as competicións que disputa. O equipo estivo ordenado atrás e, aínda sen mordente arriba, freou as acometidas dun rival confiado nas súas forzas

O Sevilla adiantouse grazas ao acerto de Kanouté e o descoido de Dudú. Aínda así, o Dépor non se descompuxo e chegouse ao descanso cun mínimo 1-0. Na segunda metade as cousas cambiaron. O Dépor perdeu a concentración e en vinte minutos fatais, o Sevilla deixou sentenciado o partido con goles de Kanoute de penalti, Luís Fabiano e Dani Alves de precioso lanzamento de falta. Os últimos minutos foron un suplicio para os deportivistas que inician as vacacións nos postos baixos da clasificación e coa misión de reflexionar e cargar as pilas de face ao próximo mes de xaneiro, no que agarda o Real Madrid.