Víctor Fernández apostou de novo polo mesmo equipo que en xornadas anteriores cos combios determinados polas lesións. José Rodríguez e Toché foron as novidades que cubriron as ausencias de Conca e Postiga.
O equipo empezou moi ben plantado sobre o campo esperando ao Sevilla e sen permitirlle chegadas con perigo durante os primeiros minutos. Ata o 10, cunha volea de Vitolo a saque de córner, o Sevilla non consumou a primeira ocasión do partido. O seu disparo, raso e frouxo, acabou nas mans de Lux, que un par de minutos antes despexara con puño dereito un balón colgado á área.
Nese instante o Dépor cambio a súa actitude e comezou a tocar o balón e buscar chegadas á área do Sevilla. A primeira nun balón que Toché non puido controlar en condicións en área pequena. Foron bos minutos para os branquiazuis que conseguiron equilibrar o dominio inicial dos hispalenses.
A primeira gran ocasión para os locais chegou no 18 cun pase en profundidade entre dúas liñas que recibiu dentro de área Denis Suárez. Tras encarar a Lux, lanzou directamente fóra. O Dépor seguiuno tentando pero no minuto 23 chegou o primeiro tanto local. M´bia, a saque de córner de Deulofeu, aproveitou o bloqueo que sufriu Lopo para rematar só, de cabeza, na frontal da área pequena.
Pese ao mazazo o Dépor non veu abaixo e seguiu buscando o control do xogo e as chegadas á área de Beto. Así chegou o empate dos branquiazuis. Medunjanin asumiu o reto de tentar o primeiro disparo a porta do Dépor no partido grazas a unha falta cometida sobre Fariña. E mellor non o puido facer porque con perna esquerda executou á perfección un lanzamento que superou á barreira e coouse na portaría dun Beto que nin se moveu ante o gran gol do bosníaco.
A resposta do Sevilla chegou un par de minutos despois cun lanzamento ao traveseiro Tremoulinas desde a frontal. E na seguinte xogada estivo excelente Luisinho ao corte nunha rapidísima chegada pola esquerda dos sevillanos, cortando un centro do propio xogador francés. Pero á terceira, tras outra rápida triangulación, Bacca controlou co peito entrando a área, Laure no intento de corte prolongou coa punteira e o dianteiro do Sevilla superou a Lux para anotar o segundo do Sevilla no 38.
Tras o descanso o Dépor practicamente desapareceu e o desacerto no pase custoulle caro.
Dun erro chegou a primeira ocasión do Sevilla na que Lux roubou ben dos pés a Vitolo tras unha perda de Medunjanin tentando sacar o balón tocado na frontal. No 56 o Sevilla lanzou un córner que M'bia non puido rematar ao caerse xunto ao seu marcador, pero na xogada de volta, un pase de Bacca atrás despois de alcanzar liña de fondo, materializouno en gol o franco-camerunés cun duro disparo axustado ao pau dereito da portaría do Dépor.
O claro dominio do Sevilla continuou co gol de Vitolo no 17 da segunda. Con toda a defensa presionando na dereita a Denis Suárez, o xogador galego viu desmarcado ao canario, que rematou comodamente ante a saída de Lux para anotar o cuarto. Minutos despois o gardameta arxentino viu amarela ao cometer penalti sobre Bacca, unha pena máxima que conseguiu deter a lanzamento do propio futbolista colombiano.
O Sevilla seguiuno tentando pero aos poucos foi baixando a intensidade aínda que as ocasións continuaron chegando. O Deportivo apenas puido pisar a área rival, e só unha acción de Wilk que despexou Beto a córner ou un posterior centro de Luisinho que atrapou o propio gardameta portugués, pódense anotar no haber ofensivo dos branquiazuis na segunda metade.
O Sevilla a punto estivo de anotar o quinto por mediación de Reyes, pero unha boa estirada de Lux evitou que o marcador variase nas postrimerías dun partido que deixa ao Dépor con moito traballo por facer para saír da situación na que se atopa en Liga.
Sevilla FC: Beto, Coke, Parella (Krychowiak, min. 84), Carriço, Tremoulinas, M´bia, Banega, Deulofeu (Reyes, min. 74), Denis Suárez, Vitolo, Bacca (Aspas, min. 79) .
Deportivo: Lux, Laure, Sidnei, Lopo, Luisinho, Álex Bergantiños, José Rodríguez (Wilk, min. 64), Medunjanin, Juanfran, Fariña (Cavaleiro, min. 58), Toché (Canella, min. 79)
Árbitro: Gil Manzano (C. Estremeño) Amoestou a M'bia (min. 8); Coke (min. 29); Lux (min. 68) e Wilk (min. 78)
Goles: 1-0 M'bia (min. 23); Medunjanin (min. 31); Bacca (min. 38); 3-1 M'Bia (min. 56); 4-1 Vitolo (min. 63)
Incidencias: partido da sétima xornada da liga BBVA disputado no Ramón Sánchez Pizjuán coa presenza duns 300 afeccionados do Deportivo nas bancadas.
600 nenos e nenas recibiron os seus diplomas na semana grande do DéporCampus Cabreiroá 2025
FUNDACIÓN
Luismi Cruz, novo xogador do Dépor ata 2029
#OSNOSOS
Pablo Vázquez, traspasado ao Sporting de Gijón
#OSNOSOS
O domingo 24 de agosto ás 17:00, primeiro partido do Dépor en ABANCA-RIAZOR en LaLiga Hypermotion 2025-26
#OSNOSOS

1.391 deportivistas xa teñen o seu carné da tempada 2016/17

1.100 deportivistas animarán ao equipo en Bilbao

1.036 socios de Marathón Impar e todos os afectados do día do Sporting serán recolocados ante a Granada
PORTADA

1.434 deportivistas xa sumáronse #ánosapaixón. Esgotados Pavillóns e Marathón Inferior para altas