RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Dépor cede dous puntos ante un Real Racing en inferioridade númerica, pero moi ordenado

O Deportivo cedeu dous puntos esta tarde en Riazor ao empatar a ceros ante o Real Racing Club. Empregamos a palabra ceder porque o equipo cántabro afrontou a última media hora con dez xogadores por expulsión de Munitis e o últimos quince con nove por expu

O primeiro tempo foi moi igualado. Verdú fixo parella no dobre pivote con Coloccini, deixando máis adiantados á liña de tres , Cristian, Juan Rodríguez e Estoyanoff, e en punta Riki. Zigic puido adiantar ao Racing, pero o seu cabezazo aproveitando unha mala saída de Aouate ,o seu único erro na tarde de hoxe, foise fóra por pouco. A continuación, o Dépor puido marcar en tres ocasiones claras. Un cabezazo de Riki libre de marca tras un saque de esquina que se foi fóra por pouco; unha volea de Verdú tras unha boa xogada pola esquerda e un bo centro de Capdevila; e un cabezazo de Estoyanoff ao segundo pau tras outra internada pola banda zurda que o internacional uruguaio non puido meter na portaría.
Tras o descanso, o partido cambiou de rumbo coas expulsións antes citadas de Munitis e Zigic. Caparrós recompuxo o once e dotoulle de máis poder ofensivo. Iago relevou a Juan Rodríguez e Adrián a Coloccini. O Racing, curiosamente, estivo máis seguro en defensa aínda que loxicamente perdeu presenza en ataque.
Portugal, adestrador racinguista, explicábao en rolda de prensa: "Cando un equipo queda cun xogador menos adoita redobrar os seus esforzos en defensa e, curiosamente, despista ao que está en superioridade, que se pode chegar a relaxar"..