O Dépor, entre os representantes do fútbol galego na próxima edición da Copa do Rei
O RC Deportivo será un dos oito representantes do fútbol galego na próxima edición da Copa do Rei.
O conxunto branquiazul, campión en dúas ocasións (1995 e 2002), accede á competición do KO como un dos cinco primeiros clasificados a temporada pasada do grupo 1º de Primera RFEF.
Na última edición, o Dépor caeu (1-2) o pasado 17 de decembro de 2021 ante o CA Osasuna, na segunda eliminatoria disputada a partido único en ABANCA-RIAZOR. Quince días antes, o 1 de decembro, en primeira rolda, os deportivistas apearon en La Condomina (3-4) ao UCAM Murcia CF.
Ademais do conxunto de Borja Jiménez, os outros representantes do fútbol galego serán o RC Celta, CD Lugo, Racing de Ferrol, Coruxo FC, Pontevedra CF, Ourense CF e UD Barbadás. Este último terá que xogar unha eliminatoria previa, a partido único, ante un equipo asturiano, cántabro, vasco, rioxano ou castelán-leonés.