RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Dépor gaña ao Arabés e recupera o liderado

O Deportivo recuperó o liderado da liga Adiante cunha traballada vitoria (2-1) ante o Alavés. Juan Carlos e Borja anotaron polos branquiazuis. Viguera, de penalti, recortó diferenzas. O Dépor suma 33 puntos, 2 más que o

Tal e como deu a entrever onte venres en rolda de prensa, Fernando Vázquez cambiou de debuxo táctico para recibir ao Arabés. Así, o Dépor saltou ao céspede cun 4-4-2, con Luís e Borja na punta de ataque. Juan Carlos ocupou a banda dereita, con Laure por detrás. Culio entrou pola esquerda, con Luisinho de lateral. Seoane e Manuel Pablo pasaron ao banco.

O Arabés presentouse en Riazor con técnico novo, Mandiá; e co máximo goleador da categoría, Viguera, en pleno refacho. Os vitorianos entregaron o balón e o mando do xogo; e armaron unha férrea armazón defensiva para protexer a Goitia.

Así, o Dépor arrincou con dificultades para crear oportunidades. A primeira importante foi un remate franco de Luís a centro de Culio, que se foi moi alto. O canteirán non foi capaz de enganchar ben a volea, libre de marca na área.

O primeiro gol do partido chegou case á media hora. Luisinho recibe libre de marca na banda esquerda e mete un balón ao segundo pau raso. Juan Carlos, libre de marca, só tivo que empuxar á rede.

A pesar do resultado a favor, o Deportivo seguiu tentando facer goles. Luisinho de novo gaña a liña de fondo pero o seu centro repéleo a zaga alavesista.

Pouco despois, Marchena remata lixeiramente desviado un saque de esquina lanzado por Culio. O colexiado sinalara falta do central deportivista no salto.

Así, con 1-0, chegouse ao descanso.

Na segunda metade, o partido seguiu polos mesmos camiños: dominio branquiazul. Borja puxo aínda máis distancia no marcador. Recibe en profundidade de Juan Domínguez e cruza o balón ante a saída de Goitía.

Mandía xógalla e dá entrada a Quiroga, un espigado dianteiro, en busca da remontada.

No entanto, seguiu o Dépor acumulando oportunidades de gol. Luís, ante Goitia totalmente só, tivo o 3-0 nas súas botas.

Pero o Arabés métese no partido grazas a un penalti de Culio nun saque de esquina, ao agarrar a un futbolista rival. O córner viñera dunha defectuosa cesión a Lux. Viguera transformou (2-1) e o partido deu un envorco radical. Con 15 minutos por diante, o Arabés viuse con opcións. Vázquez deu entrada a Kaká por Borja  e o Dépor pasou a defensa de tres centrais. Con iso, os vitorianos fixéronse co control do balón e o dominio territorial.

Pouco despois, nos peores minutos branquiazuis, Lux, cunha extraordinaria parada baixo paus, salva o 2-2 a remate de cabeza de Jarosik.

Ata o final moito sufrimento, pero os puntos quedaron en Riazor.

Deportivo: Lux; Laure, Marchena, Insua, Luisinho; Juan Carlos (Rudy, m. 82), Álex Bergantiños, Juan Domínguez, Culio; Borja Bastón (Kaká, m. 77) e Luís Fernández (Teles, m. 87).

Deportivo Arabés: Goitia; Óscar Rubio, Pepe Moura, Jarosik, Manu García; Jaume Delgado (Tori, m. 77), Emilio Sánchez (Lázaro, m. 44); Guzmán (Mauro Quiroga, m. 52), Viguera, Óscar Serrano; e Ión Vélez.

Goles: 1-0, m. 29: Juan Carlos; 2-0, m. 48: Borja Bastón; 2-1, m. 68: Viguera, de penalti.

Árbitro: González Fortes, do comité asturiano. Mostrou amarela a Insua e Culio, por parte do Depotivo.