RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor Genuine abre o curso 22-23 este domingo en Vigo coa MS2 Cup

O Dépor Genuine dá o pistoletazo de saída á sexta temporada da súa historia, a 2022-2023, coa participación na MS2 Cup esta fin de semana en Vigo.

O equipo branquiazul medirase ao RC Celta de Vigo Integra o domingo 28 de agosto ás 12:00 horas, na final directa dun torneo no que tamén participarán outros conxuntos deportivistas, como o Infantil e o San Tirso SD Infantil.

O escenario do partido, que poderá seguirse en directo nesta ligazónserá o campo 1 das instalacións da Madroa.

Unha campaña máis, o Dépor Genuine segue baixo a dirección de Lucía Otero e Carlos García, que esperan contar proximamente de novo con Breogán Baptista, ausente para este primeiro compromiso xa que no seu labor de bombeiro forestal atópase loitando contra os incendios que arrasan a nosa rexión.