RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Dépor Genuine estreou a temporada 2022-2023 na MS2 Cup

O Dépor Genuine deu o pistoletazo de saída á sexta temporada da súa historia, a 2022-2023, coa participación na MS2 Cup, hoxe domingo 28 de agosto en Vigo.

O equipo branquiazul mediuse ao RC Celta de Vigo Integra na final directa dun torneo no que tamén participaron outros conxuntos deportivistas, como o Infantil e o San Tirso SD Infantil.

O partido, disputado no campo 1 das instalacións da Madroa, finalizou en empate. O equipo vigués impúxose na primeira parte por 5-1 (Álvaro García marcou o gol deportivista), os branquiazuis gañaron a segunda por 1-2 (tantos de Miguel e Xosé), na terceira a balanza decantouse ao lado celeste por 1-0, e na cuarta e última, dúas dianas de Miguel déronlle o triunfo parcial (1-2) ao Dépor Genuine e con iso o 2-2 definitivo.

Unha campaña máis, o Dépor Genuine segue baixo a dirección de Lucía Otero e Carlos García, que esperan contar proximamente de novo con Breogán Baptista, ausente para este primeiro compromiso xa que no seu labor de bombeiro forestal atópase loitando contra os incendios que arrasan a nosa rexión.