RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Dépor impúxose ao Minerven nun partido típico de pretemporada

O Deportivo impúxose esta madrugada (tarde en Venezuela) ao Minerven (0-1) no partido que abríá xira venezolana do equipo branquiazul. O choque foi típico de pretemporada, con imprecisións por ambas partes froito do cansazo acumulado nas ses

Bodipo no minuto 69 desnivelou o marcador para os de Miguel Anxo Lotina, que aliñou por primeira vez de inicio ao catro caras novas desta tempada: Aranzubia, Ze Castro, Mista e Omar Bravo. Tamén foi novidade Gardado no carril zurdo substituíndo a Filipe, que quedou fóra da convocatoria.

O Dépor formou de inicio con: Aranzubia; Laure, Juanan, Ze Castro, Rochela, Gardado; De Guzmán, Verdú, Cristian, Omar Bravo e Mista. No segundo tempo Bodipo substituíu a Omar Bravo; Pablo Álvarez a Mista; Adrián López a Juanan e Antonio Tomás a De Guzmán.