RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

O Dépor pon rumbo con catro adestramentos previos a "un partido precioso que todo o mundo quere xogar"

O Deportivo, hoxe con xornada de descanso, pon desde mañá rumbo a Castellón de La Plana con 4 sesións de traballo matinais, 2 delas, a do xoves 8 e sábado 10, en ABANCA-RIAZOR a porta pechada.

Rubén de la Barrera cre que o partido de volta das semifinais do playoff de ascenso deste domingo 11 de xuño ás 18:00 no Estadio Municipal de Castalia "hai que enfocalo como o que somos, o que representamos e o que perseguimos. Eses 3 ingredientes téñenche que facer e converter nun equipo altamente competitivo. A iso imos: ser competitivos, quero presión alta, ser protagonista... Sabendo que temos unha vantaxe. É un partido precioso que todo o mundo quere xogar e nesta categoría este partido achégache todo o máis importante, que é a posibilidade de xogar unha segunda eliminatoria".

Insiste o técnico coruñés que as finais "hai que preparalas ben e querer gañalas. E iso pasa por non especular e ir; e cando aparezan cansazos e situacións propias de finais, saber xogalas e competilas".

Cada día que haxa actividade en Abegondo, o cadro reúnese a partir das 9:00 para almorzar xa na instalación.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 7 de xuño
10:30 h., en Abegondo

Xoves 8 de xuño
10:30 h., en ABANCA-RIAZOR

Venres 9 de xuño
10:30 h., en Abegondo

Sábado 10 de xuño
10:30 h., en ABANCA-RIAZOR

Domingo 11 de xuño
18:00: CD Castellón - Deportivo, no Estadio Municipal de Castalia