RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Yeremay xogou a primeira parte con España sub-21 do amigable ante Ucraína antes de viaxar ao Europeo de Eslovaquia

-Foto:@rfef.es

 

Yeremay Hernández está concentrado coa selección española sub-21 na Ciudad del Fútbol de Las Rozas co obxectivo de preparar o próximo Campionato de Europa da categoría que se disputa en Eslovaquia este mes de xuño.

Desta concentración saíu a lista de 23 xogadores convocados para o torneo europeo que arrinca o día 11 e na que está incluído xa definitivamente o canteirán deportivista.

Neste período inicial de traballo xogouse un amigable ante Ucraína este venres 6 de xuño no Estadio Santo Domingo de Alcorcón.

O futbolista do Dépor xogou a primeira metade nun choque que acabou para os ucraínos (0-1) cun gol de Illya Kvasnytsya no minuto 92.

Eslovaquia, Romanía e Italia serán os rivais de Yeremay e de España na cita continental.

O calendario da selección española sub-21 é o seguinte:

Mércores 11 de xuño
18:00: ESLOVAQUIA - ESPAÑA, no Estadio Nacional de Bratislava

Sábado 14 de xuño
18:00: ESPAÑA - ROMANÍA, no Estadio Nacional de Bratislava

Martes 17 de xuño
21:00: ESPAÑA - ITALIA, no Estadio Antón Malatinsky de Trnava