RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor puxo hoxe rumbo á liga con só Villares á marxe

O Deportivo, que onte luns gozou dunha xornada de descanso, arrancou esta mañá a primeira semana de liga en Primera Federación que concluirá o sábado 27 ás 19:30 coa visita do DUX Internacional de Madrid a ABANCA-RIAZOR.

Borja Jiménez puido contar con todo o seu cadro fóra de Diego Villares, que segue con adestramento personalizado baixo a supervisión do readaptador, Álex Canosa.

Os demais futbolistas, incluído Ibai Gómez, completaron unha esixente mañá cun quecemento, rondos, un circuíto de forza, un exercicio táctico de transicións defensa-ataque e fútbol en espazo reducido, de alta intensidade. A xornada concluíu cunha tarefa específica no campo 2 para un grupo de xogadores.

Tim Caroutas foi hoxe martes o único representante de #ANOSACANTEIRA no primeiro equipo.

Mañá mércores, o Dépor adestrarase de novo en Abegondo a partir das 10:30 horas.